3º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais

Schedule

Sat, 11 Apr, 2026 at 11:00 am to Sun, 12 Apr, 2026 at 07:30 pm

UTC+02:00

Location

Escuela de Artes y Oficios | Vigo, GA

Advertisement
Galicia foi sempre un país de arte, onde a arquitectura, a escultura, a poesía, a música e a construción de instrumentos musicais floreceron con enorme forza dende a Idade Media ata os nosos días. Abonda con mirar o Pórtico da Gloria, a eterna creación do Mestre Mateo onde os mellores escultores do románico europeo se esforzaron por mostrarnos, coa maior perfección, aqueles instrumentos musicais que Mateo consideraba dignos do concerto que soará ao final dos tempos.
Non é por casualidade que Galicia sexa berce dun grande números de constructores de instrumentos, profesionais e amadores. Arquitectura, escultura, poesía, e sobre todo a música conforman a urdime sobre a que se tece o patrimonio cultural desde séculos atrás. Froito deste tecido, a construcción de instrumentos contou, conta e ha contar cunha grande relevancia na sociedade galega. Para vertebrar as necesidades e inquedanzas deste sector, creouse en 2022 a Asociación Profesional Galega de Construcción de Instrumentos Musicais, LABRA, que quere de xuntar e dar voz aos profesionais que se dedican á luthería en Galicia.
Dende hai uns anos, LABRA vén organizando o Encontro Profesional Galego de Construcción de Instrumentos Musicais, evento anual que serve de escaparate do traballo dos constructores profesionais e dá a coñecer proxectos relacionados coa construcción de instrumentos ou coa música mesmo, e é o escenario no que se debaten e comparten temas de interese para os profesionais e para o público xeral, así como inquedanzas comúns.
Esta edición de 2026 celebrarase a fin de semana do 11 e 12 de abril na EMAO de Vigo, artellada sobre a estreita relación entre esta Escola e os luthieres de Galicia, e reivindicando o legado formativo de diferentes institucións galegas.
O Encontro está dirixido por unha parte ao público xeral, que pode coñecer así a actividade do sector, e tamén a un público especializado, que poda atopar na mostra unha axuda para a súas necesiades específicas.
O Encontro comprende unha exposición de instrumentos construídos polos asociados de LABRA que queiran participar en cada edición, así como unha serie de actividades complementarias entre as que haberá:
-Presentacións de proxectos individuais que podan ser de interese para o grupo ou para o público.
-Faladoiros de temas específicos dirixidos ao público profesional.
-Concertos que serven de mostra do traballo dos asociados.
-Debates internos nos que se tratan temas específicos de interese para a Asociación.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:
A ENTRADA AO ENCONTRO SERÁ POLAS RÚAS PONTEVEDRA E ROSALÍA DE CASTRO
Advertisement

Where is it happening?

Escuela de Artes y Oficios, Avenida García Barbón, 5,Vigo, Spain

Event Location & Nearby Stays:

Icon
Know what’s Happening Next — before everyone else does.
LABRA Asociaci\u00f3n

Host or Publisher LABRA Asociación

Ask AI if this event suits you:

Discover More Events in Vigo

HER ANXIETY + UNEXPECTANCE
Sat, 11 Apr at 09:00 am HER ANXIETY + UNEXPECTANCE

Pub Transylvania Vigo

SPORTS FOOTBALL
Clock & Roll Fest
Sat, 11 Apr at 07:30 pm Clock & Roll Fest

Sala Rebullón

FESTIVALS PARTIES
Deadletter Vigo Tickets
Sat, 11 Apr Deadletter Vigo Tickets

Sala Mondo Club

TRIPS-ADVENTURES
Walking Tour on the Portuguese Camino: Last 100km to Santiago de Compostela
Sun, 12 Apr at 09:00 am Walking Tour on the Portuguese Camino: Last 100km to Santiago de Compostela

Vigo, Galicia, España

ART TRIPS-ADVENTURES
RC Celta de Vigo vs Real Oviedo Tickets
Sun, 12 Apr at 09:00 pm RC Celta de Vigo vs Real Oviedo Tickets

Balaídos

CONTESTS TRIPS-ADVENTURES
O Monstro de Cores
Fri, 17 Apr at 06:00 pm O Monstro de Cores

Cine Teatro Salesianos Vigo

ART THEATRE
Filo-club de lectura: "NORTE Y SUR" de Elizabeth Gaskell.
Fri, 17 Apr at 07:00 pm Filo-club de lectura: "NORTE Y SUR" de Elizabeth Gaskell.

Nueva Acrópolis Vigo

ART WORKSHOPS
Charla\u2013Coloquio: ZEN Y ARTES MARCIALES
Fri, 10 Apr at 07:30 pm Charla–Coloquio: ZEN Y ARTES MARCIALES

Nueva Acrópolis Vigo

3\u00ba Encontro Profesional Galego de Construci\u00f3n de Instrumentos Musicais
Sat, 11 Apr at 11:00 am 3º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais

Escuela de Artes y Oficios

ART LITERARY-ART

What's Happening Next in Vigo?

Discover Vigo Events